Shin Chan: A bomba das cachas ritmombantes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 歌うケツだけ爆弾! |
Director | Yūji Mutō |
Produtor | Atsuo Sugiyama (ADK) Naomi Nishiguchi (TV Asahi) Tōru Masuo (Futabasha) |
Guión | Tetsuo Yasumi |
Baseado en | Manga orixinal de Yoshito Usui |
Intérpretes | Akiko Yajima Miki Narahashi Keiji Fujiwara Satomi Kōrogi |
Estudio | Shin-Ei Animation |
Distribuidora | Toho |
Estrea | 21 de abril de 2007 6 de xaneiro de 2021 (TVG) |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Recadación | 14,5 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Shin Chan: A bomba das cachas ritmombantes (クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 歌うケツだけ爆弾! Kureyon Shinchan: Arashi o Yobu: Utau Ketsudake Bakudan!?) é un filme xaponés de 2007 dirixido por Yūji Mutō. É o décimo quinto filme baseado no manga e no anime Shin Chan.[2]
Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2021 a través da TVG.[3] Foi traducido ao galego por Manuel Arca Castro.